viernes, 24 de febrero de 2012

ENTROIDO NO C.P.I

O DÍA DO ENTROIDO OS DE 6º FIXEMOS MOITAS COUSAS. AS PRIMEIRAS DÚAS HORAS TIVÉMOLAS LIBRES PARA PREPARAR OS DISFRACES, E XA, POR FIN, CHISCO DIXO: "BAIXAAAAAAAAAAAAAAMOS AO ENTROIDO".  A ISO DAS 11:00, CANDO CHEGAMOS ABAIXO, O PRIMEIRO FOI ORGANIZARSE PARA SABER ONDE ÍA CADA UN DOS CURSOS: PRIMEIRO E SEGUNDO ÍAN DE "PINGAS DE AUGA", TERCEIRO E CUARTO ÍAN DE "ARBORES", E QUINTO E SEXTO ÍAN DE "CONTENEDORES". OS MAIS GUAPOS! XA NO DESFILE, FOMOS POR JESUS ESPINOSA E TAMÉN PASAMOS POLAS DUNAS. BUENO O MELLOR ENTROIDO DO MUNDO!









martes, 14 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012

Dentro das actividades do Entroido deste curso, que o Colexio adica este ano ás enerxías, aos de sexto tocounos disfrazarnos de "contenedores" de lixo. A idea non foi moi ben acollida en principio por todos, pero de contado nos puxemos mans á obra e alí estaremos, desfilando cos demais, conscientes da importancia destes obxectos para contribuir á conservación do noso planeta, tan castigado ultimamente.
Por outra banda, e en relación con isto, os de sexto tivemos a honra, xunto cos de 1º de ESO, de iniciar as "patrullas ecolóxicas" que no recreo se adican a limpar o noso patio. Estas patrullas funcionarán por quendas nos recreos e por elas irán pasando todos os cursos.