jueves, 19 de enero de 2012
As enerxías
Aproveitando a nosa visita a Solanillos (Guadalajara) no programa de Inmersión Lingüística, e xa que estivemos aloxados nun centro de recuperación e educación ambiental, aparte de aprender inglés, realizamos unha visita ás instalacións. Alí puidemos observar como utilizan os recursos naturais dos que dispoñen para suministrar enerxía ao centro. Sobre todo biomasa, non esquezamos que o centro está ubicado xusto no medio e medio daquel grande incendio forestal de hai uns anos que arrasou un montón de hectáreas de bosque e incluso se cobrou vidas humanas. Aproveitaron as instalacións dun antigo hospital que tamén foi queimado, e reconvertírono no Centro de Educación Ambiental antedito.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario