jueves, 26 de enero de 2012
viernes, 20 de enero de 2012
Actividades Día da Paz
6º de primaria, coma todos os cursos, estamos facendo unha morea de actividades para celebrar o día da Paz o 30 de xaneiro: un mural sobre o tema da paz, imos tamén cantar unha canción, imos plantar unha árbore (unha oliveira), participar na carreira solidaria na que os cartos que se recaden irán para o Sáhara e, por último (que xa non son poucos), faremos un traballo de educación documental sobre a paz.
Agora deixámosvos un vídeo realizado por un alumno sobre o tema da diversidade cultural.
Agora deixámosvos un vídeo realizado por un alumno sobre o tema da diversidade cultural.
jueves, 19 de enero de 2012
As enerxías
Aproveitando a nosa visita a Solanillos (Guadalajara) no programa de Inmersión Lingüística, e xa que estivemos aloxados nun centro de recuperación e educación ambiental, aparte de aprender inglés, realizamos unha visita ás instalacións. Alí puidemos observar como utilizan os recursos naturais dos que dispoñen para suministrar enerxía ao centro. Sobre todo biomasa, non esquezamos que o centro está ubicado xusto no medio e medio daquel grande incendio forestal de hai uns anos que arrasou un montón de hectáreas de bosque e incluso se cobrou vidas humanas. Aproveitaron as instalacións dun antigo hospital que tamén foi queimado, e reconvertírono no Centro de Educación Ambiental antedito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)