viernes, 25 de mayo de 2012

Manchester


Xa estamos de volta. Despois dunha semana de estancia en Manchester cos nosos amigos ingleses. Foi unha esperiencia moi boa, fumos a clase de matemáticas e historia en inglés, estivemos tamén no centro de Manchester cos nosos profesores. Fumos a un centro comercial do Manchester United, ainda que a algúns non lles gustase moito, tiveron que ir, e pasárono moi ben. Tamén estivemos coas nosas familias inglesas, que nos recibieron moi ben. Por último nos deron unha despedida moi boa e estamos moi contentos coa nosa  esperiencia.

viernes, 24 de febrero de 2012

ENTROIDO NO C.P.I

O DÍA DO ENTROIDO OS DE 6º FIXEMOS MOITAS COUSAS. AS PRIMEIRAS DÚAS HORAS TIVÉMOLAS LIBRES PARA PREPARAR OS DISFRACES, E XA, POR FIN, CHISCO DIXO: "BAIXAAAAAAAAAAAAAAMOS AO ENTROIDO".  A ISO DAS 11:00, CANDO CHEGAMOS ABAIXO, O PRIMEIRO FOI ORGANIZARSE PARA SABER ONDE ÍA CADA UN DOS CURSOS: PRIMEIRO E SEGUNDO ÍAN DE "PINGAS DE AUGA", TERCEIRO E CUARTO ÍAN DE "ARBORES", E QUINTO E SEXTO ÍAN DE "CONTENEDORES". OS MAIS GUAPOS! XA NO DESFILE, FOMOS POR JESUS ESPINOSA E TAMÉN PASAMOS POLAS DUNAS. BUENO O MELLOR ENTROIDO DO MUNDO!









martes, 14 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012

Dentro das actividades do Entroido deste curso, que o Colexio adica este ano ás enerxías, aos de sexto tocounos disfrazarnos de "contenedores" de lixo. A idea non foi moi ben acollida en principio por todos, pero de contado nos puxemos mans á obra e alí estaremos, desfilando cos demais, conscientes da importancia destes obxectos para contribuir á conservación do noso planeta, tan castigado ultimamente.
Por outra banda, e en relación con isto, os de sexto tivemos a honra, xunto cos de 1º de ESO, de iniciar as "patrullas ecolóxicas" que no recreo se adican a limpar o noso patio. Estas patrullas funcionarán por quendas nos recreos e por elas irán pasando todos os cursos.

viernes, 20 de enero de 2012

Actividades Día da Paz

6º de primaria, coma todos os cursos, estamos facendo unha morea de actividades para celebrar o día da Paz o 30 de xaneiro: un mural sobre o tema da paz, imos tamén cantar unha canción, imos plantar unha árbore (unha oliveira), participar na carreira solidaria na que os cartos que se recaden irán para o Sáhara e, por último (que xa non son poucos),  faremos un traballo de educación documental sobre a paz.

Agora  deixámosvos un vídeo realizado por un alumno sobre o tema da diversidade cultural.



jueves, 19 de enero de 2012

As enerxías

Aproveitando a nosa visita a Solanillos (Guadalajara) no programa de Inmersión Lingüística, e xa que estivemos aloxados nun centro de recuperación e educación ambiental, aparte de aprender inglés, realizamos unha visita ás instalacións. Alí puidemos observar como utilizan os recursos naturais dos que dispoñen para suministrar enerxía ao centro. Sobre todo biomasa, non esquezamos que o centro está ubicado xusto no medio e medio daquel grande incendio forestal de hai uns anos que arrasou un montón de hectáreas de bosque e incluso se cobrou vidas humanas. Aproveitaron as instalacións dun antigo hospital que tamén foi queimado, e reconvertírono no Centro de Educación Ambiental antedito.