viernes, 25 de mayo de 2012

Manchester


Xa estamos de volta. Despois dunha semana de estancia en Manchester cos nosos amigos ingleses. Foi unha esperiencia moi boa, fumos a clase de matemáticas e historia en inglés, estivemos tamén no centro de Manchester cos nosos profesores. Fumos a un centro comercial do Manchester United, ainda que a algúns non lles gustase moito, tiveron que ir, e pasárono moi ben. Tamén estivemos coas nosas familias inglesas, que nos recibieron moi ben. Por último nos deron unha despedida moi boa e estamos moi contentos coa nosa  esperiencia.